14 Xan A COMG busca enxeñeiro/a de minas
A Cámara Oficial Mineira de Galicia busca unha persoa organizada, con iniciativa e habilidades de comunicación para cubrir unha vacante na Coruña para a preparación de estudos e informes de carácter sectorial, asesoramento técnico, xestión de proxectos e desenvolvemento das funcións da COMG .
Trátase dunha posición estable na que desenvolver unha carreira de futuro dentro do sector mineiro.
Requisitos:
- Titulación: Enxeñeiro de Minas, Enxeñeiro Técnico ou Licenciado en Minería.
- Experiencia profesional no sector mineiro.
- Mobilidade xeográfica.
Valorarase:
- Máster ou Técnico en Prevención de Riscos Laborais.
Tipo de contrato:
- Xornada completa.
Os interesados poden enviar o seu CV e solicitar máis información no correo electrónico cmg@camaraminera.org (ata o 31/01/2020, inclusive)