30 Xan A COMG asiste ao encontro do corredor atlántico
A directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Arantxa Prado, e o presidente da entidade, Juan José López; acudiron a pasada semana ao cume do corredor atlántico celebrada en Santiago de Compostela.
Un encontro no que participaron os presidentes de Galicia, Alfonso Rueda; Asturias, Adrián Barbón, e Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e reclamaron xuntos avances no corredor atlántico para o desenvolvemento das rexións do noroeste. Un cume na que destacou o acordo entre Administracións de signo político distinto.
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, destacou como un primeiro logro o nomeamento dun comisionado para a infraestrutura ferroviaria, á espera de ver onde se instalarán as súas oficinas.
O plan de investimentos acordado polos tres gobernos autonómicos para a construción dos tramos pendentes do corredor atlántico ten o obxectivo de triplicar a cota do ferrocarril no transporte de mercadorías, ata que alcance o 12 % dos movementos para o 2040.
Así mesmo, a mellora do sistema ferroviario supoñerá a redución de 22 millóns de toneladas de emisións de CO2 e un aforro de custos superior aos 1.300 millóns de euros.
Por outra banda, os traballos de construción da infraestrutura supoñerán a mobilización de 6.600 postos de traballo directos e indirectos cada ano.
Calcúlase que o investimento global necesario debería superar os 7.000 millóns de euros, cunha partida de 2.500 millóns de euros para próximos anos en obra civil, para a cal serán imprescindibles os materiais mineiros de Galicia.