23 Xul A COMG asesora ás entidades na solicitude de axudas ao impulso da economía circular
Desde o 1 de xullo e ata o 16 de agosto permanecerá aberta a convocatoria para a concesión de axudas ao impulso da economía circular para o ano 2024, enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Estas axudas, promovidas pola Fundación Biodiversidade, están deseñadas para fomentar a sostibilidade e a circularidade nos procesos industriais e empresariais, contribuíndo a mellorar a competitividade e a innovación no tecido industrial.
O obxectivo da convocatoria é superar o modelo de produción lineal mediante proxectos que:
- Reduzan o consumo de materias primas virxes.
- Investiguen, desenvolvan e innoven no ecodeseño de produtos para prolongar a súa vida útil e mellorar a súa reciclabilidade.
- Melloren a xestión de residuos.
- Transformen dixitalmente os procesos mediante infraestruturas e sistemas.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia ponse ao dispor das empresas para resolver calquera consulta adicional sobre a convocatoria e axudarlles no proceso de solicitude das axudas a través do correo camaraimpulsa@camaraminera.org ou cmg@camaraminera.org. Tamén podes consultar as bases da convocatoria na páxina web da Fundación Biodiversidade.