20240607_124852

A COMG acompañou ao Cluster do Granito na feria ‘Acienciacerta’ do Porriño

A Cámara Oficial Mineira de Galicia acompañou ao Cluster do Granito de Galicia, o venres 7 de xuño, na súa caseta de ‘Acienciacerta’, a primeira mostra de ciencia na rúa do Porriño.

Durante a feira, o equipo da COMG repartiu axendas mineiras para o próximo curso 2024-25 entre os escolares, así como varios exemplares do libro ‘O tesouro das estrelas’, unha iniciativa da plataforma Minaría Sostible de Galicia. Tamén mostrou aos máis pequenos unha representación dos produtos e subprodutos de minaría en Galicia: granito, lousa, áridos, minerais industriais, cerámica e augas.

20240607_125121 2

Este evento, organizado polo Concello do Porriño co patrocinio do grupo Zendal, busca espertar o interese pola ciencia entre pequenos e maiores de forma lúdica e accesible. Outro dos obxectivos é establecer pontes de colaboración entre docentes, institucións científicas e a sociedade, dun xeito diferente, para compartir coñecemento e ideas ao redor deste ámbito de estudo.