Formación empresas mineras

A COMG abre a inscrición para os cursos de PRL 2022

A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a ultimar a proposta formativa para 2022. As actuacións formativas están destinadas a aquelas empresas que queiran profundar na aprendizaxe sobre prevención de riscos de seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos específicos, entre outras accións de PRL.

Estes cursos de carácter gratuíto enmárcanse dentro das axudas para a prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minaría autóctona e sostible da Secretaría de Estado e Enerxía.

Aqueles interesados na realización dalgún dos cursos que se desagregan na seguinte listaxe deberán cubrir esta ficha de inscrición e enviala á dirección cmg@camaraminera.org.

Riscos en Seguridade

  • Condución e uso seguro de maquinaria móbil
  • Riscos específicos das cintas transportadoras
  • Caídas a distinto nivel
  • Outros riscos en establecementos de beneficio
  • Condiciones do terreo e o seu control
  • Manipulación de cargas mediante maquinaria

Riscos hixiénicos e ergonómicos

  • Inhalación de substancias
  • Lesiones físicas por posturas forzadas
  • Exposición ao ruído

Formación específica

  • Simulacros de evacuación en caso de emerxencia
  • Primeiros auxilios
  • Metodoloxía de observacion e coaching para o comportamento
  • Uso de autorescatadores
  • Traballos de mantemento
  • Traballos eléctricos
  • Usos de equipos de proteccion individual