Visita pma catedra epifanio campo

A Cátedra Epifanio Campo impulsa a formación en sostibilidade cunha visita para estudantes sénior á empresa PMA

A Cátedra Epifanio Campo, impulsada en 2019 pola Universidade da Coruña (UDC) e o Grupo Rodonita, e cuxa sede se atopa na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, puxo en marcha unha iniciativa co obxectivo de avanzar no seu labor formativo e de divulgación científica sobre a economía circular e os últimos avances en sostibilidade e xestión ambiental.

A actividade, dirixida a estudantes da Universidade Sénior da UDC no Campus Industrial de Ferrol, consistiu nunha visita guiada ás instalacións de PMA (Protección Medio Ambiental S.L.), unha das empresas do Grupo Rodonita e referente en Galicia para a xestión de residuos perigosos e non perigosos procedentes do sector da automoción.

Durante a visita organizada pola institución académica, os estudantes percorreron o Centro de Tratamento de Residuos de Laracha e as plantas especializadas na rexeneración e valorización de residuos industriais, onde se procesan aceites industriais usados, residuos hidrocarburados e filtros de aceite, entre outros.