Previsel

A COMG participa en Previsel para debater sobre o impacto medioambiental, social e económico do sector na comunidade

O mércores 12 de marzo, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) estivo presente na décimo oitava edición de Previsel, a feira profesional dedicada á prevención e seguridade laboral, celebrada en Expourense. Fíxoo a través de Carlos Martínez, membro da Xunta Directiva da COMG, quen participou na mesa redonda ‘A minaría en Galicia a debate: impacto medioambiental, social e económico’, organizada pola CIG.

Tras as interesantes intervencións do representante de ADEGA, Fines Eirexas; do presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Xosé Alfredo Pereira; e do representante da COMG, Carlos Martínez, abriuse un extenso debate entre asistentes e relatores, no que se puxo o foco sobre a repercusión da actividade extractiva no medio rural, os seus desafíos actuais e o seu claro potencial.

Gustaríanos mostrar o noso agradecemento á CIG por contar coa COMG para formar parte da mesa redonda, unha oportunidade para que a industria mineira coñeza de primeira man as opinións e inquietudes dos sectores cos que convive na posta en valor dos recursos minerais galegos.