29 Set No mes de xullo aumentó un 10% a exportación de lousa
As empresas pertencentes ao sector da lousa continúan o seu camiño cara á recuperación. Este sector en Galicia engloba a 2.400 traballadores e produce o 60% do total nacional desta actividade, xerando un PIB do 26% no territorio de Valdeorras (Ourense).
Aínda que o sector continúa a súa recuperación, aínda se atopa nun 11,6% por baixo do acumulado de 2019. Con todo, o resultado é totalmente oposto se se comparan os dous últimos meses de xullo. Debido a que no mes de xullo de 2019 as canteiras de lousa exportaron 43.692 toneladas e en xullo de 2020 47.016, case un 10% máis.
Fuentes empresariais afirman que seguen mellorando as cifras de exportacións e prezos. O prezo medio por tonelada sitúase en 565 euros, cando o ano anterior non superaba os 547 euros. Polo que o produto encareceuse nun 3,3%. Esta subida permitiu que a facturación fose de 147,23 millóns de euros.
A clasificación europea de países importadores segue liderado por Francia con 113.169 toneladas, seguido por Reino Unido con 65.902 toneladas e Alemaña con 39.460.
A aparición de novos mercados levou aos empresarios do sector da lousa para exportar a países como Portugal ou Estados Unidos. Precisamente Portugal foi o país que máis aumento rexistrou, incrementando nun 326% os seus pedidos. Doutra banda, Estados Unidos, continua cun incremento non tan notable, pero si constante. A este país enviouse un 7% máis de lousa que no exercicio anterior.
Manter a liña da recuperación é importante para este sector. Sobre todo, no momento actual. A pesar da crise da Covid-19, as canteiras galegas seguiron coa súa produción habitual despois do confinamento. Debido aos estritos protocolos que estableceron as autoridades sanitarias neste sector. Aínda que empresarios e empregados galegos afirman seguir preocupados por se se volve a declarar o estado de alarma.