Xunta Xeral Ordinaria 30/06/2009

Documentación presentada Acta

 

En virtude do acordo adoptado na reunión ordinaria da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia, celebrada no día de hoxe na sede da Cámara en A Coruña, procédese a convocar Xunta Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 30 de xuño ás 12 h en primeira convocatoria e ás 12:30 h en segunda convocatoria, no hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta Xeral 2008.
2º. Informe do Presidente.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos de 2008.
4º. Aprobación da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para 2009.
6º. Rogos e preguntas.