02 Feb Conmemórase o día mundial dos humidais, moitos deles xerados a partir de ocos mineiros
A Cámara Oficial Mineira de Galicia súmase á conmemoración, o 2 de febreiro, do Día Mundial dos Humidais coa vista posta en todos os antigos ocos mineiros convertidos en lagoas que son exemplo de riqueza natural e biodiversidade. Casos como o da explotación mineira de Erimsa, no concello lucense de Begonte; Mina Mercedes, na localidade pontevedresa de Valga; as areneras da Limia, en Ourense; ou as Brañas de Valga, no concello coruñés de Mesía, proban como a actividade mineira crea espazos que acaban sendo fonte de recursos ambientais e sociais nas zonas nas que se desenvolven.
A relevancia dos lagos xerados a partir de restauracións mineiras é tal que mesmo figuran nos tipos de humidais presentes en Galicia seguindo o Sistema de Clasificación de Tipos de Humidais de Ramsar. O decreto 127/2008 do 5 de xuño polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e créase o Inventario de humidais de Galicia inclúe dentro dos humidais artificiais os “estanques de orixe mineira: escavacións abandonadas, canteiras de area e grava, balsas de residuos mineiros abandonadas”.
Os humidais creados a partir de ocos mineiros esténdense por todo o territorio galego, en beneficio dos hábitats e da poboación. Ponse así de manifesto como a minería, despois de proporcionar beneficios económicos e sociais durante a fase de explotación, continúa xerando riqueza para os veciños, ofrecéndolles novos espazos de lecer e atractivos turísticos para os concellos. Ademais, os espazos mineiros convertidos en humidais representan ecosistemas de gran valor, onde diversas especies animais e vexetais, algunhas mesmo en risco de extinción, atopan un lugar no que desenvolverse.
BRAÑAS DE VALGA: NATUREZA E ETNOGRAFÍA
Na provincia da Coruña cabe destacar o caso das Brañas de Valga, no concello de Mesía. Alí, a extracción de arxila xerou un oco no terreo que, de maneira natural, foise enchendo de auga ata converterse nunha lagoa. Hoxe, as persoas que visiten este lugar poden atopar unha Aula da Natureza e un Museo Etnográfico onde coñecer con detalle a historia das telleiras e a riqueza da biodiversidade alí existente.
Ademais, as áreas de descanso, pasamanos e carreiros creados permiten contemplar directamente o bosque de ribeira xurdido ao redor da lagoa e os diferentes animais que o habitan. Nesta liña destacan o observatorio de aves, desde o que se poden observar oropéndolas, buitrones, gallinetas e mesmo garzas reais.
ARENERAS DE A LIMIA: O FROITO DA UNIÓN
Las areneras de Sandiás, na Limia (Ourense), son outro exemplo de explotación mineira que, unha vez restaurada e grazas á unión de esforzos de Administración, empresariado e colectivos ecoloxistas, contribúen a recuperar e mellorar a biodiversidade do lugar. O resultado é un espazo cun enorme valor faunístico e botánico, onde se refuxian innumerables especies animais, especialmente aves acuáticas. As persoas que visitan o lugar dispoñen de varios miradoiros de aves desde onde observar as preto de 70 especies que alí habitan, entre as que figuran a cerceta, o zampullín común ou o pato culler. No lugar hai tamén anfibios, mamíferos, como a nutria, e réptiles como a inofensiva culebra de auga Natrix natrix.
BEGONTE: DA MINA Á REDE NATURA
Outro caso destacable é o da explotación mineira de Erimsa, no concello lucense de Begonte, onde se xerou un sistema de lagoas onde hai anos extraíase cuarzo e outros áridos. A rica biodiversidade do lugar, no que se poden observar diversas aves acuáticas, mesmo mereceu a súa inclusión na Rede Natura.
A empresa prevé poñer esta riqueza ao servizo da sociedade, abrindo a lagoa ao público e dotando a súa contorna de actividades de lecer e científicas para o estudo dos paxaros. Trátase así de darlle visibilidade ao seu labor de restauración, á vez que se xeran beneficios para a poboación da zona.
MINA MERCEDES: HÁBITAT E LECER
No concello pontevedrés de Valga atopamos Mina Mercedes, unha antiga explotación ao descuberto da que se extraían arxilas para a elaboración de materiais de construción nas fábricas próximas. Ao rematar a actividade extractiva, a finais do século XX, as augas subterráneas e a choiva comezaron a asolagar a superficie escavada ata configurar o seu aspecto actual.
Hoxe, convertido nunha lagoa de case 4 hectáreas, ofrécelles aos visitantes un paseo circundante de preto de 900 metros, en gran parte arborizado, con iluminación, áreas de descanso e diversos miradoiros, ademais de ser un coto para practicar a pesca sen morte. Aquí pode contemplarse en que medida a biodiversidade beneficiouse da formación deste ecosistema lacustre de gran valor natural, con vexetación de ribeira e unha variada avifauna que, de maneira temporal ou permanente, establécese neste hábitat.
MEIRAMA E ENDESA: REFERENTES EN RESTAURACIÓN