A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) convoca, un ano máis, os Premios Santa Bárbara, co obxectivo de poñer en valor a importancia do sector mineiro tanto para o tecido industrial de Galicia como para o desenvolvemento da sociedade, polo que a entidade abre oficialmente a XIX convocatoria destes galardóns honoríficos de carácter anual.
Poderán optar aos premios aquelas empresas, entidades ou persoas relacionadas co sector mineiro galego ou coa temática das categorías establecidas: Traxectoria, Comunicación e Minería Sustentable.
As bases que regulan a convocatoria, así como o formulario de presentación de candidaturas, están dispoñibles premendo nas ligazóns ou na páxina web da COMG. O prazo permanecerá aberto ata o luns 23 de novembro, ás 12:00 horas.
A entrega dos premios celebrarase con motivo da festividade de Santa Bárbara, o 2 de decembro en Santiago, no Hotel Monumento San Francisco. Desde a COMG agradécese a colaboración nesta nova convocatoria e anímase ás persoas interesadas a presentar candidaturas dentro do prazo establecido.

