Augas minerais

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

Galicia é unha das rexións con maior riqueza de augas termais e minerais de toda España, onde o seu aproveitamento remóntase á época romana.

A orixe das augas minerais de Galicia é na súa maioría meteórico, infiltrándose a través das zonas que presentan unha gran densidade de fracturas: a auga discorre polo terreo, gañando profundidade e temperatura, segundo o gradiente xeotérmico local, reacciona coa roca e disolve minerais incorporándoos á súa composición. E por último, esta volve á superficie en zonas de topografía máis baixa.

Os terreos onde xorden as augas minerais e termais son os graníticos, os metamórficos e os carbonatados, mentres que algunhas augas xorden no contacto entre diferentes litoloxías.

TIPOS DE AUGAS MINERAIS EN GALICIA

Segundo o tipo de circulación subterránea, e as características hidroquímicas, as augas minerais de Galicia clasifícanse en catro grandes grupos:

  • Augas minerais superficiais.
  • Augas minerais de fluxos de traxectoria longa.
  • Augas minerais de fluxos profundos e evolución química intermedia.
  • Aguas minerais de fluxos profundos e moi evolucionadas.

En Galicia existen dez plantas de auga mineral que empregan de forma directa a máis de 300 persoas e que producen ao ano un total de auga envasada de 292.403.112 litros.

A presenza no mercado nacional correspóndelle fundamentalmente ás plantas de Fontoira de Aquabona, Mondaríz, Cabreiroá ou Sousas. Mentres que as restantes son de distribución local e rexional: Auga Sa, Fontecelta, Fontenova, Fonxesta, San Xinés.

BALNEARIOS: HISTORIA E MODERNIZACIÓN

Respecto aos balnearios, os datos lanzan unha cifra de 21 instalacións rexistradas, cun total de 1200 empregados que dan servizo anualmente a máis de 150.000 persoas. Estas cifras sitúan a Galicia como un dos líderes españois en canto a volume de negocio do sector balneario relacionado coas augas mineiro-medicinais e termais.

Das 21 instalacións balnearias rexistradas, practicamente todas teñen unha historia centenaria como o caso de Mondaríz, Arteixo, Lugo ou Guitiríz. As últimas incorporacións aos grandes balnearios de Galicia sucedéronse durante os primeiros anos do século XXI, primeiro coa triloxía do Grupo Caldaria (Lobios, Arnoia, Laias), e despois cos balnearios de Compostela, Pambre e Augas Santas. Paralelamente acometéronse importantes reformas en instalacións como Carballo, Acuña e Cuntis, devolvendo o esplendor que no pasado tiveron estas instalacións.

En canto a termas, destacan as obras realizadas no río Miño, que permitiron abrir instalacións como as de Chavasqueira, Outariz, Muiño de Veiga e Prexigueiro.