AGENDA
Presentación da nova planificación que será a ferramenta que guíe as políticas climáticas da Xunta de Galicia nos vindeiros anos, de forma transversal e implicando no proceso a todos os departamentos autonómicos para acadar os obxectivos climáticos desde as súas áreas competenciais.
O novo plan inclúe un total de 93 medidas específicas, articuladas en torno a 34 liñas de actuación, que se enmarcan en catro grandes áreas: mitigación, adaptación, investigación e dimensión social.