AGENDA
O curso “Visualización de datos e Storytelling con Power BI”, organizado por Feuga, celebrarase os días 20, 22 e 24 de maio, en horario de 10:00h a 13:00h, a través dunha videoconferencia en tempo real cunha duración total aproximada de 9 horas.
O curso adoptará un enfoque teórico enriquecido, centrado na comprensión profunda e a análise crítica dos conceptos e técnicas de visualización de datos. O seu obxectivo é fomentar unha aprendizaxe interactiva a través de discusións, análises de estudos de caso relevantes e avaliación crítica de exemplos de visualización de datos.
A data límite de inscrición é o 13 de maio. O importe do curso é de 275€.
Podes inscribirte ao curso e consultar o seu programa a través da seguinte ligazón.