5

A antigua mina de carbón das Pontes convértese nunha reserva biolóxica grazas ao seu proxecto de restauración ambiental

Tras o peche da mina de carbón de Endesa que alimentaba a central térmica das Pontes (A Coruña) no ano 2008, iniciouse na contorna unha labor de rehabilitación que incluía converter o oco da mina, de máis de 300 metros de profundidade, nun lago rodeado por un ecosistema completamente recuperado. O cesamento da actividade da central, autorizado en 2023, dotará á localidade dun novo futuro industrial máis verde.

A que no seu día foi a maior explotación mineira a ceo aberto de España, hoxe é o lago artificial máis grande de Europa. Esta reserva biolóxica converteuse nun destino turístico asociado á natureza e aos deportes acuáticos. Ademais da recuperación ambiental da zona, o proxecto contempla reactivar o sector industrial, a través da creación de parques de enerxía renovable e o impulso de actividades ao redor da economía verde. O obxectivo é aumentar o valor ecolóxico da zona e crear emprego para os seus habitantes tras o peche da mina.

O plan de rehabilitación ambiental esténdese ata a desembocadura do río Eume, que baña a contorna da antiga mina. No municipio de Pontedeume, Endesa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) impulsan un estudo científico pioneiro en Galicia para coñecer o estado dos bancos marisqueiros da zona.

A restauración ambiental contemplada nos proxectos mineiros permite transformar as zonas anteriormente destinadas á actividade extractiva, unha vez finalizada a explotación da zona, para convertelas en paraísos naturais. A rehabilitación da contorna da mina das Pontes, reconvertida nun reclamo turístico, é un exemplo da recuperación paisaxística de espazos anteriormente dedicados a esta industria.

Para máis información sobre o proxecto de restauración da mina das Pontes pódese consultar o vídeo publicado na páxina web de Endesa no marco da serie documental “Deixa que che conte”: As Pontes: recuperación de contornas e novos empregos.