11 Mai A Comisión Europea publica o seu Plan Estratéxico Industrial para 2021
O pasado 5 de maio, a Unión Europea actualizou o seu Plan Estratéxico Industrial, un documento que recopila e analiza datos sobre a dependencia da Unión Europea do exterior en productos que son chave para a sociedade e elabora propostas para que esta dependencia sexa cada vez menor. Ademáis resume as conclusións extraídas tras analizar a situación vivida durante a emerxencia sanitaria da Covid-19.
O acceso ás materias primas minerais tanto metálicas como non metálicas é imprescindible para garantizar o cumprimento do Pacto Verde Europeo e asegurar a transformación dixital da economía europea. A Unión Europea non produce suficientes materias primas para satisfacer a súa propia demanda, enfrentándose á competencia global no acceso ás mesmas. A OCDE estima que a extración de material dobrou as súas cifras desde 1990 e que o consumo global crecerá ata o 40% para 2040 e case un 90% para 2060 (tomando como ano base 2017), poñendo unha gran presión nas cadeas de suministro de materias primas a nivel global. Para determinar a vulnerabilidade destas cadeas de suministro, analizáronse 9 sectores chave (baterías, pilas de combustible, enerxía eólica, motores de tracción, enerxía solar, robótica, drons, impresión 3D e microchips) e máis de 30 materiais considerados como críticos para estes sectores:
- As terras raras, tanto as lixeiras como as pesadas, son as que máis en risco están. O 98% deste material provén de China e é un elemento fundamental en aeroxeneradores e motores de tracción.
- No seguinte nivel de risco atópanse minerais como o Magnesio, Niobio, Xermanio, Borato ou Escandio. Estes materiais son importantes para as enerxías renovables e microchips entre outros.
- No nivel de risco moderado atópanse o Estroncio, Cobalto, Platino ou Grafito. Este grupo é fundamental en pilas de combustible e baterías.
O gran problema desta dependencia exterior reside nas novas políticas que comezan a aplicaren os países exportadores. A demanda destes materiais está aumentando expoñencialmente dentro do seu propio territorio, restrinxindo cada vez máis as cantidades exportadas destes materiais en beneficio da industria local.
A Unión Europea tén un bo suministro propio de conglomerados e minerais industriais, así como algúns metais básicos como cobre ou zinc. Sen embargo, a pesar de ter un gran potencial para producir algúns destes materiais críticos, a súa capacidade para desenvolver proxectos de explotación é bastante máis limitada. As caídas de prezos destes materiais nas etapas iniciais afecta á viabilidade económica do proxecto, frenando en seco a súa actividade antes de haber comezado.
No 2020 a Comisión Europea adoptou o plan de acción sobre as materias primas críticas que resume unha serie de accións concretas para abordar as vulnerabilidades das cadeas de suministro destes materiais.
A primeira acción do plan foi o lanzamento da Alianza Europea de Materias Primas (a ERMA polas súas siglas en inglés). Esta alianza pretende facilitar a inversión nas cadeas de valor de materias primas.
Baixo a acción número 5 do plan, a Comisión identifica proxectos de inversión mineiros, así como necesidades de inversión e oportunidades de financiación relacionadas con estas materias primas críticas. O ERMA ademáis apoiará o desenvolvemento de proxectos e facilitará o contacto cos inversores. O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia aportará 672.500 millóns de euros en préstamos e axudas para apoiar proxectos de recuperación post Covid-19.
A acción 3 do plan céntrase no apoio á investigación a aqueles proxectos relacionados coa innovación en procesos de xestión de residuos, materiais avanzados e sustitutos das materias primas actuais. Estas tarefas de investigación contarán cun orzamento de 300 millóns de euros.
Se queres ler o informe completo, fai click aquí: Plan Estratéxico Industrial 2021 (en inglés)