30 Abr O sector dos áridos de Galicia resiste a pesares das caídas na produción
O 29 de abril celebrouse de forma telemática a Asemblea Ordinaria de Arigal (Asociación Galega de Áridos), onde expuxéronse as cifras acadadas polo sector en 2020.
No ano 2020 as canteiras galegas produciron un total de 8,96 millóns de toneladas de áridos (1,8 millóns menos que en 2019), cun valor de 44,3 millóns de euros. Este descenso supón un 17% menos na facturación con respecto a 2019, sendo este último ano no que o sector amosaba as súas mellores cifras desde a crise da construción.
O presidente de Arigal, Alberto Novoa, fixo fincapé na importancia do sector durante a crise que mantivo a súa actividade en todo momento así como os protocolos de seguridade. Novoa sinalou: “Durante 2020 o sector terciario estivo apagado e fumos a gasolina que o país necesitou para manter a economía”. Ademáis o presidente fixo unha pequena petición xeral á sociedade: “Esperamos que se nos lembre cando todo volva á normalidade”.
Co obxectivo de potenciar a esta industria que mantén de forma directa a 800 familias e 2.800 de forma indirecta en Galicia, o presidente fixo varias solicitudes á Administración autonómica, entre as que se inclúe un desenvolvemento da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, a redución da presión fiscal que podería facer botar o peche a algunhas explotacións e o aproveitamento dos fondos europeos para fortalecer o texido industrial galego.
Neste último punto centrouse Paula Uría Traba, Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e encargada de pechar o acto. “Desde a Administración somos coñecedores da potencialidad do árido non só para o desenvolvemento social, senón tamén para dinamizar o rural, por iso esperamos poder axudar a esta industria con incentivos económicos provenientes dos fondos económicos de recuperación”, dixo Uría.
A directora sinalou que estos fondos serán destinados para a economía circular, a dixitalización e a promoción da economía sostible. Estes tres están considerados comos os piares fundamentais para Arigal, para que as súas empresas socias poidan competiren nun mercado cada vez máis global.
Uría tamén quixo felicitar ás empresas polos poucos contaxios que houbo nas canteiras galegas, sendo este o sector que mellor aplicou os protocolos de seguridade xunto ao educativo.
Alberto Novoa explicou que como reto para 2021, Arigal seguirá defendendo os intereses do sector frente a amenazas para as súas empresas e para o medioambiente, como a proliferación dos áridos ilegais provenientes de residuos.
O presidente tamén quixo destacar a gran oportunidade que pode supoñer para moitos mozos o ciclo formativo de Excavacións e Sondaxes que levan anos impulsando e que se implantará finalmente este ano.