A vella mina de Fontao convertida en urbanización

A que antaño foi unha das minas máis punteiras de Europa en estaño e wolframio durante a Segunda Guerra Mundial, é a día de hoxe nova de novo pola subasta de tres novas vivendas do antigo poblado mineiro de Fontao, reformado pola Xunta en 2021 e convertido nunha urbanización residencial.

Esta mina foi unha das grandes proveedoras de materia prima para a construcción de material bélico durante as grandes guerras de Europa do século XX. Foron explotadas un total de 90 anos. Foi a finais do século XIX cando o británico Henry Winter Bunbury fíxose coa propiedade impulsando a actividade mineira, iniciando así unha etapa de prosperidad para Vila de Cruces.

A actividade desta mina chegou a ser tal que os donos construíron todo un poco aorredor das galerías incluíndo vivendas, un campo de fútbol, unha escola, un cine e unha igrexa. Sen embargo, só cinco anos despois cesaban os traballos para chegar a botar o peche definitivo en 1974, todo isto debido a caída nos prezos dos minerais e o traslado das explotacións cara Asia e África.

O que queda a día de hoxe de tan larga actividade extractiva é un conxunto de labores e instalacións mineiras en excepcional estado de conservación, constituíndo un gran legado da historia mineira de Galicia. Esta historia a podemos coñecer a través do Museo da Minaría de Fontao.