formacion-camara-minera-2019

231 alumnos beneficiáronse dos cursos de formación preventiva durante o primeiro semestre de 2019

Sharing is caring!

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza todos os anos diversos cursos de formación preventiva para traballadores do sector mineiro.

Algunhas destas formacións son obrigatorias e habilitantes, enmarcadas dentro da ITC 02.1.02 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira. Mentres que outras formacións de PRL (Prevención de Riscos Laborais) son voluntarias e están relacionadas con riscos de seguridade, hixiénicos e ergonómicos.

Todos os cursos teñen carácter gratuíto, xa que están subvencionados polas axudas á seguridade mineira co apoio da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica).

Durante este primeiro semestre do ano, foron un total de 231 persoas as que recibiron algún destes cursos, con 143 alumnos nas formacións obrigatorias:

  • Formación preventiva para Operadores de maquinaria de transporte.
  • Formación preventiva para Operadores de maquinaria de arranque.
  • Formación preventiva para Operadores de plantas e oficinas.
  • Formación preventiva para operadores de perforación, corte e voladura.
  • Reciclaxe da formación preventiva para Operadores de maquinaria de arranque.

E 88 alumnos nas formacións opcionais:

  • Condicións do terreo e o seu control.
  • Simulacros de evacuación en caso de emerxencia.
  • Primeiros auxilios.
  • Traballos eléctricos.

A COMG leva organizando este tipo de cursos desde 2009, sumando desde entón un total de 1.885 participantes en 92 cursos ITC e 349 participantes nos 25 de PRL.