01 Xuñ 20.000 traballadores do automóbil en paro pola falta de materias primas existentes en Galicia
Stellantis Vigo (antigua grupo PSA) retomou o 29 de maio a súa actividade de maneira parcial tras o maior parón productivo da súa historia.
Este cese e a incerteza que están vivindo miles de traballadores ten a súa orixe na escaseza de microchips, unha crise que está afectando a industrias a nivel mundial. Os microchips ou semiconductores son un dos principais compoñentes de calquera dispositivo tecnolóxico. Hoxe en día xa non só estamos falando de smartphones ou ordenadores, senón de calquer obxecto que se poida conectar a internet: reloxos, electrodomésticos e por suposto, coches.
O crecemento exponencial da demanda de microchips a nivel mundial contrasta cunha oferta controlada por poucos países: Taiwán, Corea do Sur e Estados Unidos.
Pese a ser un dos maiores protagonistas da revolución tecnolóxica, en Europa non existe ningunha fábrica de microchips. Por este motivo, parte da industria europea encóntrase a merced do monopolio asiático. Stellantis non recuperou ó 100% a súa actividade, e fíxoo sen saber por canto tempo e pedente da oferta de chips no mercado, productos que ademais podrían sufrir un aumento de precios debido ao actual desabastecemento.
Por agora, a suspensión da actividade na planta de Balaídos afectou a 10.000 empleados coa aplicación de ERTEs. Con todo, as consecuencias desta dependencia de semiconductores ten efecto dominó na industria, xa que a produción de máis de 150.000 empresas da provincia de Pontevedra dependen da capacidade productiva de Stellantis.
A industria galega ten que abastecer con elementos electrónicos fabricados a 10.00 quilómetros, cando na nosa comunidade contamos tanto cos profeisonais e a tecnoloxía adecuada para desenvolvelos, como coas materias primas necesarias para a súa fabricación. Na nosa terra existe un gran número de metais considerados como estratéxicos pola Unión Europea, entre eles o silicio, principal compoñente dos microchips.
Coa apertura de novos proxectos mineiros e de fábricas asociadas para a transformación dos minerais extraídos, Galicia podría ter unha cadea de valor que fortalecese a economía e o mercado laboral, e por suposto, evitase a incertidume de depender dun terceiro.