SUSTENTABILIDADE

A minería de Galicia, unha actividade sustentable

A minería, como toda actividade realizada polo ser humano, produce alteracións no medio. A sensibilidade crecente do empresariado, das administracións e do conxunto da sociedade polo desenvolvemento sustentable levou a potenciar os esforzos para minimizar o impacto da actividade mineira no seu contorno natural.

Como resultado, na maioría dos países industrializados impulsouse unha normativa específica para garantir o uso de boas prácticas ambientais na minería e evitar danos irreparables na natureza.

Neste marco de acción, a Unión Europea apostou por unha política preventiva, o que derivou na obrigatoriedade de realizar avaliacións de impacto ambiental. O obxectivo é especificar cada unha das afeccións que poida producir a actividade mineira no territorio, as medidas correctoras que se aplicarán e o plan de restauración previsto para cando se finalicen os traballos.

Compromiso social

Minería Sostenible de Galicia

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está comprometida co aproveitamento eficiente, racional e ordenado dos recursos minerais do subsolo de forma que, tanto na actividade mineira como na restauración posterior, se respecte o medio e se integre no territorio e na sociedade.

A minería é sustentable porque cobre “as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias necesidades”, de acordo cos principios de desenvolvemento sustentable da ONU.

A COMG mantén unha iniciativa para a promoción do sector mineiro a través da investigación e a divulgación en Minería Sustentable de Galicia.

Seguridade e saúde mineira de Galicia

A minería constitúe unha actividade con riscos potenciais para os seus profesionais, tanto polo tipo de traballo como polos métodos utilizados. A pesar diso, a lexislación española sobre seguridade laboral en minas é garantista e, por este motivo, os índices de accidentes laborais en minas e canteiras de Galicia están moi por debaixo dos doutras actividades comparables.

Esta realidade esixe de todas as partes implicadas, administracións públicas, empresas e persoal, a maior atención e esforzo para que a actividade se desenvolve coas máximas garantías de prevención. A seguridade laboral foi e sigue sendo unha preocupación constante nas explotacións mineiras, como demostra a promulgación en 1984 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira e as súas correspondentes Instrucións Técnicas Complementarias, adiantándose once anos á Lei de prevención de riscos laborais (1995).

A COMG mantén activa a web de Seguridade e saúde mineira de Galicia, un proxecto independente que pretende aglutinar todos os traballos, fondos documentais e información de interese para os profesionais da prevención de riscos laborais (PRL).