REPRESENTACIÓN

Entre as funcións da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) encóntrase a de representar ao sector empresarial mineiro en Galicia. É a voz de todos os subsectores e empresas extractivas, así como a ponte de unión entre estes, a sociedade e a administración.

O obxectivo é trasladar as necesidades e demandas do sector e darlle a visibilidade que require, así como crear pontes de colaboración interinstitucional para mellorar o desenvolvemento da actividade en beneficio do sector, da súa proxección institucional e da sociedade galega.

See Bridge

Llevando a cabo las siguientes acciones:

  • Mantendo un contacto constante coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, que como administración mineira é o seu órgano tutelar.
  • Defendendo e promovendo os intereses mineiros dos socios ante os poderes lexislativos correspondentes, reuníndose con xefes institucionais a nivel autónomo e estatal e asistindo a numerosos foros, conferencias e eventos.
  • Actuando como corpo consultivo da Administración ante procesos lexislativos que afectan á industria mineira.
  • Facendo un exercicio de transparencia e divulgación ante a sociedade, promocionando o sector mineiro a través da investigación e da divulgación; a difusión de traballos, estudos e avances realizados en relación ás actividades extractivas.
  • Creando contidos con información actualizada e de interés para a ciudadanía con relación ás actividades mineiras.

A COMG forma parte dos seguintes grupos e entidades:

  • Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
  • Comisión de Calidade da Universidade de Vigo.
  • Comité de Xestión Mineira Sostible da UNE.
  • Consello Galego de Economía e Competitividade da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
  • Comisión de Apoio Técnico-Científico de Minas de San Finx.
  • Comité Científico e Comité Económico e Social do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.
  • Plataforma de Tecnoloxías Ambientais.
  • Sociedade Española para a Defensa do Patrimonio Xeolóxico e Mineiro.
  • The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage.
  • Plataforma Tecnolóxica Galega de Medioambiente.
  • Instituto Geológico y Minero de España (IGME).
  • European Raw Materials Alliance (ERMA).
  • Patronato da Fundación Minería y Vida.
  • Comité Executivo de Enerxía.
  • Alianza Galega polo Clima.
  • Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde.
  • Pacto Alianza Industrial Galega do H2 Verde.
  • Clúster para la Minería Sostenible y Servicios Asociados de la Península Ibérica.
  • AMINER.
  • Patronato da Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA).
  • Red de Restauración de Minas y Canteras.
  • Foro para a Industrialización Sostible e a Transición Ecolóxica de Galicia (Foro Fieito).
  • European Network for Sustainable Quarrying and Mining (ENSQM).