LEXISLACIÓN
LEXISLACIÓN
A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) ten un comité de Normas que fai seguimento da lexislación durante o seu proceso de creación, redacción e tramitación, así como das xa aprobadas que poidan influír no sector mineiro de forma directa ou indirecta.
Ademais, a COMG ten a función de actuar como corpo consultivo da Administración ante procesos lexislativos, así como de manter informados aos seus socios acerca das leis que rixen sector nos distintos marcos: europeo, estatal e galego.
De maneira periódica remítese aos membros un dossier normativo que recopila todas as normas publicadas no Boletín Oficial do Estado, no Diario Oficial de Galicia e nos Boletíns Oficiais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.