GRANITO

O granito é unha rocha ígnea plutónica procedente de magmas solidificados, formada por cuarzo, feldespato alcalino, plaxioclasio e mica. A estes minerais dáselles o nome de granitoides e a proporción deles é diferente segundo a orixe da rocha.

Galicia é unha das principais rexións do mundo en canto á dispoñibilidade de granito para a industria. De feito, arredor do 37 % dos 29 574 km2 da superficie galega contén granitoides.

Existe unha gran presenza de granitoides na parte central e occidental de Galicia, o que, sumado á maior actividade construtiva e ao desenvolvemento económico nas zonas costeiras, así como nas capitais interiores, favoreceu unha importante actividade extractiva destas rocas.

Granito

Por outra parte, a calidade dalgúns granitos e, nalgúns casos, a proximidade dos seus xacementos a boas comunicacións por estrada e a saídas portuarias favoreceron a concentración da actividade da extracción de pedra natural para exportación, que alcanzou mercados tan afastado de Galicia como EUA ou Xapón. O caso máis destacado é o do macizo do Porriño, pero tamén existen concentracións de actividade noutros macizos como os de Ribadavia, Ourense, Caldas de Reis e Parga.

Actualmente existen en Galicia máis de 150 explotacións activas de granito para pedra natural. Dada a resistencia ao paso do tempo e ás temperaturas extremas, o granito de Galicia é moi valorado tanto para interiores, na fabricación de mesados de cociña, escaleiras ou chans; como en exteriores, para fachadas de edificios, obras públicas e mobiliario urbano.

As variedades comerciais de granito para pedra natural comercializadas en Galicia segundo a rexión son as seguintes:

OURENSE

Lobios

  • Gris Lobios

Melón

  • Blanco Alba
  • Moreno Alba
  • Silvestre claro
  • Silvestre moreno

A Veiga

Padrenda

  • Rosavel

Leiro

  • Grissal

Carballeda de Avia

  • Grissal

Muíños

  • Blanco Muíños

Mugares

  • Gris Morrazo (Piñor)

Toén

  • Gris Morrazo (Piñor)

Baltar

  • Amarillo Golden
  • Blanco Aguiar

Os Blancos

  • Amarillo Golden
  • Blanco Aguiar

Viana do Bolo

  • Blanco Galicia

A Veiga

  • Blanco Castelo
  • Blanco Coloma
LUGO

Guitiriz

  • Gris Albero
  • Gris Rodeiro
  • Silvestre

Lugo

  • Blanco Bóveda
  • Blanco Mera
  • Marrón Estrella
  • Rosa Delta
  • Perla Kaxigal

Outeiro de Rei

  • Rosa Lugo

Friol

  • San Román
A CORUÑA

Boiro

  • Confurco

Porto do Son

  • Silvestre
PONTEVEDRA

Meis

  • Gris Perla

Melón

  • Gris Alba

Moraña

  • Gris de Moraña
  • Negro Esmeralda
  • Negro Galicia

Cangas do Morrazo

  • Pedra Vella de Cangas

Ponteareas

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

O Porriño

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante
  • Rosa Mondariz
  • Rosa Porriño

Salceda

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

Oia

  • Amarillo Vilachán

Salvaterra

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

Albero

  • Amarillo Golden

Mos

  • Rosa Porriño

Gondomar

  • Silvestre

Vigo

  • Silvestre

Tomiño

  • Silvestre