Miteco ayudas

Plazo abierto para solicitar as axudas de seguridade mineira 2022

O pasado novembro publicouse no Boletín Oficial do Estado o extracto da convocatoria de axudas de seguridade mineira de 2022 do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Estas subvencións están destinadas á prevención de riscos laborais e a seguridade dentro do ámbito dunha minaría local e sostible.

O seu obxectivo é impulsar o desenvolvemento de proxectos relativos a seguridade mineira, nas súas vertentes de investimento e formación, que realicen as empresas e entidades sen ánimo de lucro. Ditas subvencións concederanse nun marco global, cuxa finalidade primordial é a redución da sinistralidade da actividade mineira en España, e contribuír eficazmente ao logro dun crecemento sostible.

Con esta nova convocatoria mantéñense as dúas liñas de subvención:

  • Investimentos materiais en seguridade mineira. Inclúe os proxectos dirixidos a mellorar a seguridade e saúde en explotacións, establecementos de beneficio e túneles ou galerías en fase de escavación e mantemento.
  • Actuacións de formación destinadas á formación presencial do persoal das entidades ás que sexa de aplicación o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.

O último día para presentar a solicitude é o xoves 16 de decembro de 2021 inclusive.

Portal de axudas: https://www.mincotur.gob.es/PortalAyudas/ayudas-seguridad-minera/Paginas/Index.aspx