21 Out Xunta Xeral Extraordinaria 21/10/2013
En virtude do artigo 15 do Regulamento para o Réxime Interior, a Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia (en diante COMG), en reunión de data 03/10/2013, acorda, por unanimidade dos presentes, convocar Xunta Xeral Extraordinaria para o vindeiro luns 21 de outubro ás 11:00 h en primeira convocatoria e 11:30 h en segunda, no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro, s/n (ver ubicación).
Orde do Día:
1º. Dación de informe de xestión da Xunta Directiva saínte
2º. Elección de membros da Xunta Directiva
2.1 Proclamación das candidaturas presentadas para cada un dos subsectores
2.2 Elección dos vogais correspondentes a cada un dos subsectores
2.3 Proclamación dos vogais electos por cada un dos subsectores
Pola presente, en virtude do artigo 20 do Regulamento para o Réxime Interior, ábrese o prazo de presentación de candidaturas ata o venres 18 de outubro de 2013, inclusive.
O censo de socios electores e elegibles estará a disposición de todos os socios nas oficinas da COMG, rúa Juan Flórez 33-35, entresollado esquerda, da Coruña, ata a finalización do prazo de presentación de candidaturas.