17 Feb Iníciase o proceso electoral para unha vogalía de áridos e unha de minaría metálica
Hoxe día 17 de febreiro, en virtude do artigo 47 do Regulamento de Réxime Interior de la Cámara Oficial Mineira de Galicia, procedeuse a declarar as vacantes dunha vogalía de Áridos e dunha vogalía de Minaría Metálica da COMG.
Ábrese polo tanto o proceso electoral para elixir aos representantes das vogalías da COMG que recentemente quedaron baleiras. O próximo 3 de marzo estará a disposición pública o censo electoral.