Catastro mineiro

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

O Catastro Mineiro de Galicia é unha aplicación web desenvolvida pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia na que se describe a situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes, en base a tipo de dereito, titular, localización, extensión, demarcación, prazo de vixencia e estado de tramitación.

O Catastro Mineiro de Galicia é unha ferramenta de apoio á planificación mineira e ordenación do territorio, que ten por obxecto favorecer o aproveitamento ordenado e eficiente dos recursos minerais, así como facilitar a harmonización e compatibilización da minería con outros usos do solo, garantindo o desenvolvemento sostible do sector.

Logo Censo Catastral Mineiro de Galicia

Os datos reflectidos son meramente informativos e están suxeitos a revisión, podéndose contrastar na correspondente Delegación Provincial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.