Asesoramento

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) cumpre unha función básica no sector da minería en Galicia achegando información útil e actualizada sobre todos os aspectos legais, administrativos e técnicos que rodean á minería. A COMG atende a consultas formuladas tanto polos seus socios, como pola Administración, empresas mineiras, entidades relacionadas coa minería, particulares concernidos e medios de comunicación. Así mesmo, a Cámara Oficial Mineira de Galicia subscribe convenios con diversas empresas e entidades para poñer ao dispor dos seus membros unha serie de servizos de interese con condicións vantaxosas.

CONSULTORÍA INTEGRAL NOS ÁMBITOS DE:

  • INTEGRACIÓN TERRITORIAL
  • COMPATIBILIDADE AMBIENTAL
  • VALORIZACIÓN DOS RECURSOS XEOLÓXICOS
  • XESTIÓN ADMINISTRATIVA
  • SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
  • SUBVENCIÓNS PÚBLICAS
  • ACTIVIDADES EMPRESARIAIS
    Desenvolvemento de negocio, modernización, formación, seguridade, dixitalización…

ASESORÁMOSTE: INDÍCANOS A TÚA CONSULTA OU SUXERENCIA O MÁIS DETALLADAMENTE POSIBLE.