Cargando eventos

Entre o 15 e o 18 de setembro, Madrid acollerá o XX Congreso Internacional sobre Patrimonio Xeolóxico e Mineiro. XXIV Sesión Científica da Sociedade para a Defensa sobre o Patrimonio Xeolóxico e Mineiro (SEDPGYM). A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) será o punto de encontro da comunidade científica interesada no Patrimonio Xeolóxico e Mineiro.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia estará presente no Congreso, que se celebra cada dous anos, para presentar a plataforma Patrimonio Xeomineiro de Galicia, a través dunha charla titulada ‘Roteiros mineiros: Desde a Prehistoria ata a Idade Moderna.

Podes consultar o programa do evento e toda a información dispoñible na páxina web da SEDPGYM.

Comparta esta información en su red Social favorita!