Cargando eventos

Esta xornada está dirixida a técnicos de empresas mineiras, contratistas, construtoras e enxeñerías, así como das administracións con responsabilidades nos campos que afectan as obras de escavación etc. Desenvolverase o 6 de febreiro no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) (C/ Ríos Rosas, 21, 28003, Madrid).

O abastecemento de materias primas, en xeral, e as de orixe mineral, en particular, constitúen actualmente unha prioridade de primeira orde, tal e como se está poñendo de manifesto en todos os eventos e, máis recentemente, no cume do clima celebrada en Dubái (COP28).

Durante esta xornada presentarase un novo libro que pasará a cubrir algunhas áreas ata o de agora moi pouco difundidas nos ambientes universitarios e profesionais, do que se denomina como sistemas de arranque directo das rocas.

A cota de participación individual para os enxeñeiros colexiados é de 80 € e, para os non colexiados, de 120 €. Dita cota inclúe a entrega dun exemplar do libro. Para a adquisición de máis exemplares, o prezo do libro durante a xornada será de 40€. Pasada a xornada, será de 60€. Os alumnos de Escolas Técnicas que así o acrediten terán unha cota de inscrición de 60 €.

O programa da xornada pódese consultar na seguinte ligazón.

Comparta esta información en su red Social favorita!