Cargando eventos

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, celebra o próximo 2 de febreiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Sede de Vilagarcía (Avenida do Doutor Tourón, 46, Vilagarcía de Arousa).

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades. A xornada tamén contará coa exposición de casos de éxito por parte de beneficiarios deste tipo de axudas. O programa completo pode consultarse na seguinte ligazón.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento, poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Comparta esta información en su red Social favorita!