Cargando eventos

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CE0), celebra o próximo 31 de xaneiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense).

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades. A xornada tamén contará coa exposición de casos de éxito por parte de beneficiarios deste tipo de axudas. O programa completo pode consultarse na seguinte ligazón.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento, poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Comparta esta información en su red Social favorita!