Cargando eventos

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o próximo 6 de febreiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (A Cabana, s/n, Ferrol).

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades. A xornada tamén contará coa exposición de casos de éxito por parte de beneficiarios deste tipo de axudas. O programa completo pode consultarse na seguinte ligazón.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento, poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Comparta esta información en su red Social favorita!