Cargando eventos

Evento Mixto: En liña e Presencial en Sede de ITG

Rúa Cantón Grande, 9, Planta 1, 15003, A Coruña

A Compra Pública de Innovación (CPI) é unha ferramenta clave para impulsar a innovación empresarial desde a demanda pública. A través dela, as entidades públicas identifican retos sen solucións dispoñibles no mercado, fomentando a colaboración con empresas, universidades e centros de investigación para desenvolver e implementar solucións innovadoras.

Galicia consolidouse como unha das rexións máis activas en CPI, e nos próximos meses abriranse novas oportunidades de participación. Durante este taller, coñecerás de primeira man:

  • Que é a CPI e como funciona.
  • Como acceder aos novos proxectos de CPI en Galicia.
  • Oportunidades para pemes.
  • Casos de éxito e claves para participar.

Comparta esta información en su red Social favorita!