
Este evento pasou.
MULLERES QUE LIDERAN A EMPRESA ACTUAL E FUTURA
8 de Marzo 09:30 » Hora Inicio-Fin: 09:30 / 11:30
2ª edición do foro empresarial ‘8-3 Mulleres na empresa actual e futura’. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro do programa dedicado á comunidade empresarial de Galicia.
O obxectivo da xornada é poñer en valor e visibilizar a participación das mulleres nas compañías do presente e do futuro. Para iso, contarase coa participación de empresarias, conselleiras, directivas e emprendedoras.
Ademais, exporase a necesidade urxente dun cambio cultural que permita un maior liderado feminino na economía dixital e a redución da brecha de xénero nas empresas STEM.