Cargando eventos

Encontro presencial organizado por Dircom Galicia no que se darán as claves ao tecido empresarial sobre o valor engadido que achega ás compañías unha boa xestión da Comunicación Corporativa e da Reputación para poder alcanzar os obxectivos empresariais.

Celebrarase na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Av. García Barbón, 62, 36201, Vigo).

Dirixido a empresarios e directivos de empresas e organismos, abordará os seguintes bloques temáticos:

  • Reputación.
  • Propósito corporativo e liderado.
  • Comunicación interna e atracción do talento.
  • Asuntos públicos e relacións institucionais.
  • Sustentabilidade e ESG.
  • Comunicación externa e xestión de situacións de crise.

Comparta esta información en su red Social favorita!