Lugar: Galicia
Sedes: A Coruña, Ordes, Santiago, As Pontes, Ortigueira, Lugo, Ourense, Valdeorras y Porriño
Data: 01/09/2009
Organiza: Cámara Mineira
Colaboradores: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Descrición: A Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 “Formación Preventiva para o Desempeño do Posto de Traballo”, do Regulamento de Normas Básicas de Seguridade Mineira, establece a formación mínima en materia de seguridade e saúde que deben posuír os traballadores de explotacións mineiras. Esta formación ten a consideración de habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria para a empresa (independentemente de que o traballador posúa o “carné de operador de maquinaria mineira móbil”) e deberá actualizarse cunha periodicidade non superior a catro anos. No marco desta I. T. C. publicouse a especificación técnica que regula a formación que deben recibir os operadores de maquinaria de transporte, camión e volquete en actividades extractivas de exterior. O prazo de adecuación a esta nova norma finaliza o 20 de xuño de 2010.
Programa:
1º. Definición dos traballos (1 hora) Definición de todas as tarefas desenvoltas no posto de traballo de cada máquina en particular.
2º.Técnicas preventivas e de protección específicas ao posto de traballo de cada máquina en particular (11 horas) Perigos asociados ás seguintes tarefas:
a) Antes de comezar o traballo:
– Revisión da máquina antes da súa posta en marcha, incluíndo os sistemas que inciden na seguridade.
– Operacións básicas de mantemento.
– Remolcado.
– Acceso ao posto do operador de volquete ou aos puntos de mantemento.
b) Durante o traballo: – Arranque do motor. – Preparación da máquina para a execución dos traballos. – Carga de material.
– Transporte de material (circulación en pistas).
– Descarga de material en tolvas.
– Estacionamento.
– Carga de material en volquetes situados na fronte.
– Descarga de volquetes en vertedoiros e noiros.
– Circulación de volquetes en accesos a plataformas de traballo.
– Perigos residuais asociados a cada máquina en particular, especificados no manual de instrucións da máquina.
– Medidas preventivas acordes aos perigos asociados ás tarefas anteriores.
– Medidas de prevención e protección indicadas polos fabricantes dos equipos para a realización do mantemento.
– Posibles prescricións ou limitacións impostas polos talleres de reparación e/ou mantemento a cada máquina en particular.
– Medidas incorporadas á máquina en particular en caso de adecuación ás disposicións establecidas no anexo I do Real Decreto – 1215/1997.
– Equipos de protección colectiva e individual. – Primeiros auxilios. – Plan de emerxencia e evacuación.
3º Equipos, ferramentas ou medios auxiliares de cada máquina (3 horas)
– Coñecemento xeral da máquina.
– Limitacións técnicas no uso previsto da máquina, segundo especificacións do fabricante.
– Elementos e sistemas de seguridade asociados á máquina:
– Bloqueos de seguridade; bloqueo mecánico dos mandos do basculante.
– Bloqueos da transmisión. – Controis de presión e temperatura dos sistemas principais.
– Resguardos de correas e ventiladores. – Indicadores de advertencia e perigo.
– Avisador acústico de marcha atrás.
– Cinto de seguridade e ancoraxes.
– Freo de emerxencia.
– Dispositivos de iluminación e indicación.
– Espellos retrovisores.
– Bloqueos de seguridade adicionais existentes nos volquetes; bloqueo mecánico da caixa, bloqueo mecánico da articulación do chasis e bloqueo da transmisión en operacións de descarga.
– Dirección de emerxencia en volquetes.
– Estruturas de protección ROPS/ FOPS en volquetes.
– Sistema calefactor da caixa en volquetes.
– Espellos de seguridade en volquetes.
– Manual de instrucións.
4º Control e vixilancia sobre o lugar de traballo e a súa contorna (2 horas) Coñecemento de dispositivos de seguridade para o control e vixilancia do funcionamento da máquina:
– Manómetros.
– Termómetros.
– Indicadores de nivel.
– Panel de alarmas acústicas e luminosas.
– Indicador de carga. Control do basculante. Control e vixilancia do lugar de traballo segundo procedementos internos.
5º Interferencias con outras actividades (2 horas) Protocolos/procedementos establecidos cando se executen traballos de forma simultánea, en especial:
– Carga na proximidade doutros vehículos, maquinaria ou persoal.
– Procedementos seguros de comunicación con persoas no exterior (recepción de ordes de traballo).
– Reparacións, revisións e mantemento.
– Circulación por pistas, accesos e frontes de explotación.
6º Normativa e lexislación (unha hora) – Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigacións. – Instrucións de traballo.
– Disposicións internas de seguridade.
Horario: 20 h por curso repartidas en 4 días de dúas semanas consecutivas, a razón de 5 h/día: venres tarde e sábados mañá, ( modificable).
Información de cursos
Contidos