Cargando eventos

Nun mundo cada vez máis dixitalizado, para as empresas, a arquitectura dos seus sistemas de cifrado é un elemento crítico para protexer os seus datos e comunicacións. Con todo, o desenvolvemento da computación cuántica ameaza aos métodos criptográficos tradicionais converténdoos en inseguros e comprometendo a seguridade da información sensible.

Nesta charla explorarase como a criptografía cuántica, especialmente mediante tecnoloxías como a Distribución Cuántica de Claves (QKD) e post-cuántica, perfílase como unha solución revolucionaria que redefine a criptografía ao ofrecer unha protección inviolable pola computación cuántica.

Axenda

  1. Estado actual dos sistemas Criptográficos (tradicionais).
  2. Ameaza Computación Cuántica.
  3. Necesidade de reinventar a Criptografía. Teorema de Mosca.
  4. Solución das tecnoloxías Criptográficas Cuánticas.
  5. Solución das tecnoloxías Post-Cuánticas.
  6. Panorama actual da criptografía cuántica.
  7. Que se propón para transaccionar á criptografía cuántica?
  8. Q&A.
  9. Conclusións.

Comparta esta información en su red Social favorita!