Minaría en cifras

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandería.

O aproveitamento dos recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública pola súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas por medio de concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións.

ESTATÍSTICA MINEIRA 2022 – GALICIA

  • Galicia mantívose como a cuarta comunidade autónoma en valor de produción mineira, por detrás de Andalucía, Cataluña e Castela e León.

  • En Galicia hai 246 instalacións mineiras activas (214 explotacións mineiras, 13 de auga envasada e 19 balnearios), o que equivale ao 8,22 % do total de explotacións en España.

  • Nelas xérase un total de 4.616 empregos directos (64 máis que en 2022), distribuídos do seguinte xeito: Explotacións mineiras: 3.717 empregos; Auga envasada: 324 empregos; Balnearios: 575 empregos. Da cifra total de 4.616 empregos directos, 936 corresponden a mulleres, o que supón o 21,04 % do total do cadro de persoal.

  • Galicia ocupa o segundo posto a nivel estatal en emprego mineiro, representando o 12,3 % do total do emprego na minería española. Case o 60 % do emprego mineiro en Galicia concéntrase no subsector de rochas ornamentais.

  • En 2023, a produción mineira de Galicia acadou un valor de 337,1 millóns de euros, o que representa o 9,4 % do total estatal. Isto supuxo un aumento de 7,3 millóns de euros respecto de 2022, é dicir, dun 1 %.

  • Galicia é líder na produción de varios materiais clave:

    • Rochas ornamentais: Galicia e Castela e León lideran a produción en España, representando conxuntamente o 68,7 % do valor total estatal. En 2023, a comunidade mantivo o seu liderado co 41,2 % da produción estatal de rochas ornamentais.

    • Lousa: Galicia lidera a produción de lousa con fins ornamentais, achegando o 48,1 % do total estatal, un 2,3 % máis que en 2022. Esta produción distribúese en 38 das 76 explotacións de lousa do país, o que representa o 50 % das explotacións totais.

    • Granito: A comunidade xera o 37,3 % das toneladas de granito ornamental extraídas en España (3,1 % máis que en 2022). Conta con 42 das 82 explotacións de granito do país, é dicir, o 51 % do total.

    • Cuarzo: Galicia produce o 96,3 % do cuarzo a nivel estatal e xera o 50 % do valor das explotacións estatais.

    • Augas: No subsector de balnearios, Galicia é a comunidade líder en España, co 18,45 % da oferta e case o 18 % da cota de mercado. Das 140 marcas de auga mineral envasada en España en 2023, 13 son galegas.

    • O subsector de áridos destaca pola súa importancia en Galicia, con 90 das 214 explotacións da comunidade. É o segundo en valor de produción, só por detrás da lousa, e representa o 18,5 % do valor total da minería galega.

    • Outros materiais importantes que se extraen na comunidade son a magnesita (unha das tres explotacións en España), o caolín (con dúas explotacións), o estano/tántalo (unha explotación en Ourense) e a anfibolita, serpentina e dunita, dos cales Galicia é a única comunidade produtora.

  • Un total de 119 empresas das 214 explotacións (o 55,6 % do sector) teñen menos de 10 traballadores, o que as sitúa na categoría de microempresas. Estas microempresas dan emprego ao 15,7 % dos traballadores totais. Seguindo este criterio, o 36 % das explotacións son pequenas empresas, ao teren entre 10 e 49 empregados, e concentran o 41,3 % do cadro de persoal total. O 8,4 % restante (18 explotacións) son medianas empresas, con entre 50 e 250 traballadores, e xeran o 43 % do emprego restante. Concretamente, 6 explotacións teñen máis de 100 traballadores.

    Polo tanto, desde o punto de vista do número de empregados, o 100 % das empresas recollidas no estudo estatístico do MITECO de 2023 cumpren os criterios para seren consideradas PEMES (Pequenas e Medianas Empresas). O sector mineiro galego é un sector de PEMES moi atomizado e disperso ao longo da xeografía galega, o que contribúe a xerar emprego directo e indirecto de calidade a medio e longo prazo alí onde se atopan os recursos, fixando así a poboación no rural.

DATOS POR SUBSECTOR 2023


*EXPLOTACIÓNS

*EMPREGADOS

*PRODUCIÓN (T)

*PRODUCIÓN (€)

ÁRIDOS

90

855

9.223.821

60.423.404

CERÁMICA

15

204

263.142

1.246.441

GRANITO

56

424

640.763

28.486.955

LOUSA

38

1.780

39.145

157.396.171

MINERAIS INDUSTRIAIS

14

364

2.086.465

40.983.662

MINARÍA METÁLICA

1

90

s.e.

s.e.

TOTAL

214

3.717

12.966.168

337.078.916

AUGAS MINERAIS

13

324

465.699.051 LITROS

BALNEARIOS

19

575

164.597 AGUISTAS

*EXPLOTACIÓNS
Fonte: Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota: Explotacións activas, dadas de alta como ‘en produción’.

*EMPREGADOS
Fonte: IGE. Instituto Galego de Estatística

*PRODUCIÓN (T)
Fonte: Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

*PRODUCIÓN (€)
Fonte: Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota: Este é o prezo de ‘primeira venda’ da produción a pé de canteira. Non inclúe o valor engadido nos procesos industriais d de comercialización posteriores, que no caso das rochas ornamentais multiplica o valor de última venda.

Consulta as estatísticas completas:

ESTATÍSTICAS
MINEIRAS
GALICIA 2023

ESTADÍSTICAS MINERAS GALICIA 2021