Quen somos

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) reúne nunha mesma entidade os intereses públicos e privados para conseguir o mellor aproveitamento dos recursos xeolóxicos co obxectivo de maximizar o seu beneficio para o conxunto da sociedade. Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público e a minería, como conxunto de actividades destinadas á súa investigación, está declarada de interese ou utilidade pública na maioría dos casos.

A COMG está formada por todas as persoas físicas ou xurídicas que realizan actividades destinadas á investigación e o aproveitamento dos recursos xeolóxicos, calquera que sexa a súa orixe ou estado físico, desde o seu coñecemento ata a súa posta en valor. Representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia no que se inclúen todos os subsectores:

SUBSECTORES MINEIROS EN GALICIA:

  • LOUSA

  • ÁRIDOS
  • BALNEARIOS
  • CERÁMICA
  • GRANITO
  • MINARÍA METÁLICA

  • MINARÍA ENERXÉTICA

  • ROCHAS INDUSTRIAIS

  • AUGAS MINERAIS ENVASADAS

A COMG é unha corporación de dereito público e un órgano consultivo da Administración, tutelada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que desenvolve as súas actividades en colaboración coas universidades, colexios profesionais, asociacións sectoriais e empresas da comunidade mineira. Representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia: empresas mineiras, balnearios e augas minerais, agrupando ás persoas físicas e xurídicas que realizan actividades relacionadas con calquera fase do ciclo mineiro (investigación, exploración, explotación, comercialización etc.).