Novas


13 Xullo 2020
O vindeiro 7 de setembro finaliza o prazo para que os concellos implicados no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal presenten a súa candidatura oficial ante a secretaría do Comité Nacional de Xeoparques Mundiais da UNESCO. A Comisión Nacional Española de Cooperación con este organismo da ONU xa aprobou o [...]
10 Xullo 2020
A Xunta de Galicia activou o 8 de xullo a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) unha nova orde de axudas para a dixitalización das empresas cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo destas axudas é a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a [...]
7 Xullo 2020
O Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos ( ICOG) elaborou un plan de recuperación da minaría, un sector esencial para potenciar o papel de industria produtiva dentro da reconstrución económica do país. Nun documento remitido ao Congreso con propostas para un ‘Plan de Reconstrución Nacional’, o Colexio de Xeólogos considera que [...]
6 Xullo 2020
A delegación en Galicia do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos considera que é necesario potenciar a exploración e investigación dos xacementos mineiros en Galicia polo seu enorme potencial para o desenvolvemento, emprego e a mellora do nivel de vida da rexión. Así o recolle nun documento titulado '21 Propostas para [...]
1 Xullo 2020
A xunta directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), reunida onte por vía telemática, acordou nomear ao empresario José Lista Tasende como o seu novo presidente. Ademais, incorpóranse ao equipo directivo como vicepresidentes Mónica Rodríguez, en representación de Porriñesa de Canteiras ( Pocasa) e Juan José Lopez, director xeral [...]
22 Xuño 2020
En moitas ocasións atopáronse anomalías na concentración de aluminio en instalacións mineiras galegas. Con todo, para que haxa concentracións deste metal superiores a 1 mg/l, o pH ten que ser inferior a 4,0 ou superior 9,5. Se nun pH de entre 5,5 e 9,0 aparece unha concentración superior é que [...]
29 Maio 2020
O espazo dunha antiga explotación ao descuberto de arxilas en concello de Valga (Pontevedra) é agora a maior lagoa de orixe non natural da provincia cunha extensión duns 300.000 metros cadrados. Desde 2012 este lago converteuse nun coto de pesca sen morte para colectivos como maiores e persoas con discapacidade. O [...]
26 Maio 2020
REMIO, entidade sen ánimo de lucro con presenza en España, México, Perú, Chile e Arxentina, organiza os días 9, 10 e 11 de xuño COVIDMIN, o primeiro Congreso Virtual mundial do sector mineiro. A Cámara Oficial Mineira de Galicia participa nesta iniciativa como colaborador, coa misión de dar difusión ao [...]
19 Maio 2020
O informe “Minerals for Climate Action: The Mineral Intensity of the Clean Energy Transition” (Minerais para a acción climática: O uso intensivo dos minerais na transición cara á enerxía limpa), publicado polo Grupo Banco Mundial, sinala que a produción de minerais, como o grafito, o litio e o cobalto, podería [...]
19 Maio 2020
A Sociedade Española de Mecánica de Rochas (SEMR) acaba de outorgar o seu premio á mellor tese doutoral. Nesta oitava edición, o investigador Ignacio Pérez Rey foi galardoado cunha mención de honra pola súa investigación “ Study of the frictional behaviour of planar sawcut rock surfaces towards a methodology for [...]
19 Maio 2020
O pasado mércores 13 de maio o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos organizou un webinar para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro das catro provincias galegas. #Ante máis de 130 asistentes, Eduardo Clavijo e Juan Ramón Vidal Romaní explicaron os segredos que garda o [...]
19 Maio 2020
O grupo de expertos de REMIO, unha entidade sen ánimo de lucro con presenza en México, Perú, Chile, Arxentina e España, impulsan COVIDMIN, o primeiro Congreso Virtual mundial do sector mineiro. O evento que se desenvolverá entre o 9 e o 11 de xuño, xorde para contribuír a superar a [...]