Novas


30 Xuño 2022
A liña aérea de vagonetas mediante a que se transportaban arxila e outros produtos da desaparecida empresa Novo e Sierra, en Valga (Pontevedra), converteuse en Ben de Interese Cultural (BIC) de Galicia. Segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, esta declaración implicará a máxima protección do funicular de transporte [...]
26 Xuño 2022
A mina de Penouta (Viana do Bolo, Ourense), operada por Strategic Minerals, acaba de obter o pase a concesión da sección C para o seu aproveitamento durante 30 anos, o que se traducirá na creación de 75 empregos directos e un investimento de ao redor de 40 millóns de euros. [...]
24 Xuño 2022
Un grupo de investigadores galegos están a participar no proxecto SisAl Pilot, que busca producir silicio con baixo impacto ambiental e de forma circular e sostible. Iniciado hai dous anos e cunha duración de catro, está financiado polo programa de investigación e innovación Horizon 2020 da Unión Europea, cun orzamento [...]
20 Xuño 2022
O pasado 2 de xuño publicouse no DOG a resolución pola que se convida ás grandes empresas a presentar manifestacións de interese para a realización de proxectos tractores nos territorios de transición xusta de Galicia. O Fondo de Transición Xusta (FTX) é un novo instrumento, no marco da política de [...]
18 Xuño 2022
Os 16 e 17 de xuño celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a segunda edición do simposio nacional Muller e Minaría. Dúas xornadas desenvolvidas a través de relatorios e mesas redondas, e que tiveron como obxectivo recoñecer e potenciar o papel da muller no sector nos diferentes [...]
17 Xuño 2022
Arantxa Prado Santiago incorpórase como nova directora da COMG. O día 14 de xuño, a Xunta Directiva da entidade, reunida de maneira extraordinaria, deu o visto e prace á súa elección por unanimidade. A nova directora é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo e conta cun máster en Dirección [...]
13 Xuño 2022
A Xunta de Galicia alíñase cos obxectivos do sector mineiro galego para facer deste un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor industrial. Por iso, Paula Uría, directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ata a pasada semana, agora Secretaria Xeral de Industria reuniuse o 8 de [...]
13 Xuño 2022
A Cámara Oficial Mineira de Galicia comezou a pasada semana a impartir os cursos de PRL para 2022 e estenderanse ata o próximo mes de xullo. Os traballadores das empresas mineiras galegas teñen así a ocasión de actualizar os seus coñecementos e profundar na aprendizaxe sobre prevención de riscos de [...]
10 Xuño 2022
O pasado 9 de xuño, Juan José López Muñoz, presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, asistiu á I Xornada de Seguridade Dixital: Ciberseguridade e Defensa. O evento, organizado pola USC e o seu Máster propio en Ciberseguridade e Ciberdefensa, celebrouse en Santiago de Compostela estivo centrado na seguridade dixital [...]
28 Maio 2022
Galicia é un referente en canto a minaría sostible: o compromiso do sector coa sustentabilidade ambiental, económica e social vai máis aló da normativa esixida pola lei. Así o demostran as 14 empresas galegas certificadas ou en proceso de certificación na Norma UNE 22480, que representan o 60% total de [...]
27 Maio 2022
A firma Prebetong Áridos recibiu o pasado xoves o primeiro premio na categoría de Seguridade e Saúde nos galardóns Desenvolvemento Sostible concedidos pola Federación de Áridos. A distinción destaca o proxecto de dixitalización desenvolvido na explotación de áridos de Couso, en Ponteareas (Pontevedra), co cal a canteira de O Condado [...]
27 Maio 2022
Oviedo foi o lugar escollido para celebrar a sexta edición do Congreso Nacional de Áridos, organizado pola Federación de Áridos (FDA), unha cita que reuniu preto de 800 congresistas provenientes de case quince países no Palacio de Congresos. A inauguración oficial correu a cargo da secretaria de Estado de Enerxía [...]