AGENDA
Xornada técnica ‘Concursos de Dereitos Mineiros en Galicia’, organizada pola Subdirección Xeral de Recursos Minerais no salón de actos da Escola Galega de Administracion Pública (Santiago de Compostela).
Durante o encontro, os posibles solicitantes poderán coñecer todos os detalles sobre as catro convocatorias, unha por provincia, de dereitos mineiros declarados caducados publicadas nas últimas semanas pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Confirma a túa asistencia enviando un mail, ata o luns 3 de febreiro, co teu nome, apelidos e DNI, a sx-recursosminerais.ceei@xunta.gal