AGENDA
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CE0), celebra o próximo 31 de xaneiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense).
O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades. A xornada tamén contará coa exposición de casos de éxito por parte de beneficiarios deste tipo de axudas. O programa completo pode consultarse na seguinte ligazón.
Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento, poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.