AGENDA
O próximo martes, 6 de maio, ás 10:00h, vía Zoom, terá lugar o webinar ‘Retos e oportunidades na transformación dixital do sector dos áridos’, organizado pola Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), da man da Asociación Galega de Áridos (ARIGAL).
Para participar, é necesario cubrir o formulario de inscrición antes do 3 de maio. Nos días previos á celebración do webinar, os participantes recibirán a ligazón de acceso.