AGENDA
Coa aprobación da Directiva 2023/970 de Transparencia e Igualdade Retributiva da UE están a xurdir moitas dúbidas sobre as diferenzas con respecto ás obrigacións e prácticas actuais que as organizacións veñen realizando para cumprir coa normativa vixente.
O que si é evidente é que os países da Unión Europea deberán seguir unha serie de prácticas salariais que serán as mesmas para todos, pero, como afecta as empresas en España a día de hoxe? Cales son os pasos que se deben seguir?
Auren organiza unha xornada, que se celebra o vindeiro mércores 26 de xuño entre as 09:30 h. e as 12:00 h. no Círculo de Empresarios de Galicia (Rúa de García Barbón, 62, 36201, Vigo), para resolver todas estas cuestións da man de profesionais expertos en Recursos Humanos.
Consulta o programa e reserva a túa praza na seguinte ligazón.