AGENDA
Este seminario ofrece un espazo para o intercambio de ideas, retos e solucións, co obxectivo de inspirar ás futuras xeracións de mulleres en STEM e fomentar a igualdade de oportunidades. A idea non é só visibilizar o talento feminino, senón tamén xerar redes de apoio e colaboración.
O evento terá lugar o mércores 18 de setembro, de 10:00h a 13:30h, no Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela.