AGENDA
Este curso, organizado pola Rede de Restauración de Minas e Canteiras, exponse cun enfoque específico centrado no chan como elemento clave en calquera proxecto de restauración, pero co necesario acompañamento dunha morfoloxía estable e adecuada para a súa posterior revexetación, propoñendo finalmente diferentes usos, como poden ser o pasto ou o uso forestal.
Celebrarase os días 18, 19 e 20 de setembro no Campus de Mieres da Universidade de Oviedo.