AGENDA
Curso de introdución gratuíto deseñado para capacitar a futuros emprendedores e profesionais na creación e xestión de empresas dentro da industria das materias primas.
O curso desenvolverase de forma telemática e terá unha duración de 15 horas. Esta iniciativa está dirixida a estudantes de máster relacionados co sector, ademais de técnicos e especialistas no ámbito das materias primas. Os asistentes obterán un diploma de participación.
As prazas son limitadas. Podes inscribirte a través desta ligazón.